domingo, 13 de julio de 2014

Paseo de tablas de los Barcos a Panadeira



Portos de Galicia
Servizos Centrais
Plaza de Europa 5a, 6º
Santiago de Compostela


Sanxenxo 25 de xuño de 2014



ASUNTO: PETICIÓN DE ARRANXO DO PASEO DE TÁBOAS DA PRAIA DOS BARCOS EN (SANXENXO).

Diríxome a vostede, para pedir o arranxo do paseo de táboas da Praia dos Barcos a praia da Panadeira en Sanxenxo, sei  que nestes momentos de crise e moi difícil, pero e que é unha cousa urxente, xa que alguén pode caer polas táboas, están todas abertas polo lugar, e debeuse colocar unhas táboas novas, estas táboas son de 2004 e agora cumpriuse dez anos e están moi deterioradas.

Eu penso que si quere infórmese no Concello de Sanxenxo e alí lle dirán que o outro ano cambiaron moitas táboas porque rompían o levar tanto tempo alí.

Solicito o arranxo do lugar antes de que se produza unha desgraza.
Se pode faga o favor de respostarme sobre este asunto no meu email.




 El 9 de julio de 2014  me contestaron,




Buenos días.

La actuación de reparación está siendo valorada en estos momentos por técnicos de Portos de Galicia.

Gracias por su interés.
_____________________
Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro Xefe da Zona Sur
de Portos de Galicia



Esperemos la actuación se produzca pronto el lugar bien lo merece.




domingo, 6 de julio de 2014

Rampa praia Panadeira

 Carta escrita al Servicio Provincial de Costas  a la Sra. Cristina de Paz-Curbera en Sanxenxo 20 de mayo de 2014

ASUNTO: Rampa Playa Panadeira

Diríxome a Vd, para queixarme do acondicionamento da rampa da Praia da Panadeira, e o seu posterior formigonado con cemento.
Eu penso que o lado dunha Praia urbana como está deberían ter colocado algo máis respetuoso coa Praia e co lugar, ademais de non poñer todo o ancho da rampa con cemento.
Voulle mandar a Vd, unhas fotos do lugar co antes e o despois, para que nos demos conta de como non se debe actuar.
Antes
Despois

Un municipio como o de Sanxenxo que vive das súas praias e do turismo non debe mirar para outro lado cando se trate de facer unha reforma tan brutal do lugar, debemos ter o consenso cos veciños e cos comerciantes, para facer cousas que fagan que a xente se quede no pobo e non se vaia a outros lugares.
Por favor preservemos o lugar e a poder ser poñendo cousas respetuosas ademais de elementos que sexan autóctonos ( como poden ser pedra e madeira do lugar) e que se poidan integrar coa paisaxe. Busquemos o consenso cos veciños de Sanxenxo e veraneantes que pasean e disfrutan do lugar ademais de comerciantes, hoteleiros, hostaleiros, etc.
Innumerables criticas oín por Sanxenxo polo acondicionamento do lugar.
Fagamos un oco e axudemos a poñer a praia Urbana de A Panadeira no lugar que lle corresponde, se pode, faga o favor de arranxar o lugar.











Dende o 20 de maio non recibín contestacíón  nin nada polo estilo, as cousas seguen igual. É unha pena que a xente teña que ver tremendas obras que fai neste caso Costas e que non pase nada, líbrenos de facer eso mesmo un de nos, que seguro teríamos unha boa multa.