jueves, 18 de septiembre de 2014

Chegada dos eucaliptos a Dorrón



Relato enviado a Adega no 2012
( Adicado a tódolos loitadores)
II Concurso de Relatos Curtos
“O lugar onde vivo”
Chegada dos eucaliptos a  Dorrón.
Aló polo outono fun buscar co meu pai unha ruta de muíños que non coñeciamos, trasladámonos a Dorrón en Sanxenxo, para ver onde quedaban os muíños, pero non os vimos e pasando co coche vimos, un home, que estaba na súa leira cavando un pouco e volvía para a súa casa. Era un home moi afable e deseguida nos puxemos a falar, había dúas rutas con muíños, uns estaban en Bordóns e os outros estaban en Dorrón e percorrían de un lado a outro as parroquias. Puxémonos a falar, e el comentounos  o que pasou hai moitos anos nesa parroquia, cando el era moi neno, agora el xa era un xubilado de Alemaña que retornou a Galicia. 

Contounos que fai moitos anos cando decidiron construír a celulosa e con el ían a ter que plantar eucaliptos en todos os seus montes, e sería unha forma de alimentar a celulosa que se ia montar en Pontevedra, e que daría un pouco de beneficio a xente que tiña o monte sen dar cartos.
A idea era poñer no monte eucaliptos para alimentar a industria, dedicábanse a  plantalos unha brigada contratada pola celulosa, que logo de crecer sería para levala a celulosa e producir pasta de papel.

Pero non todos acolleron ben a idea, algún que lle plantaban os seus montes cos eucaliptos dedicábanse cando non os vían ou pola noitiña a coller e arrancalos eucaliptos e tiralos. E os que os plantaban estaban desolados xa que nunca vían crecer os árbores e sempre eran arrancados e tirados.
Os veciños de Dorrón non querían os eucaliptos xa que estaban afeitos a ter castiñeiros  que no outono daban castañas e a ter carballos coas súas landras e a súa madeira. Deses arbores aproveitaban todo pero co eucalipto eles sabían que pasarían moita fame, era unha arbore que non coñecían  e os outros arbores xa estaban aquí dende fai moito tempo, xa os seus país e avós comerán as castañas aproveitaran as ramas e a leña e déranlle as landras os animais para alimentalos. En definitiva vivían en comunidade coas árbores autóctonas.

Como os da celulosa non podían facer máis que volver a replantar  un día decidiron o seguinte, chegaron a un acordo coa xente que tiña montes para coller e pagarlle por plantar arbores a eles e así poder ter o monte plantado de eucaliptos.
A verdade a historia e ben bonita que magoa que agora non estivesen uns cantos dos que pola noite ían arrancar eucaliptos, xa que agora o chan esta acabado o lado dos eucaliptos non crece nada mais que eucaliptos e como eles absorben tanta auga do chan, moitas charcas e fontes secaron. E que dicir dos lumes dos montes, cos eucaliptos prende e non somos capaces de sufócalos, a broza e refugallos crece por todo los lados.



Despois de contalo relato, o noso amigo de Dorrón preguntounos,¿ que nos parecía? e eu díxenlle que me gustaría que máis xente desa estivera agora, para acabar un pouco con esa praga que son os eucaliptos que crecen en calquera sitio e cando eles están non hai outra arbore que medre.
Pensamos que agora deberíamos ter un monte máis coidado e con especies de aquí, con carballos, castiñeiros, etc.  Que nos axudaran a ter máis auga  e ter todo máis limpo e unha paisaxe moito mais agradable a vista, e con menos incendios forestais. 

Nos sabemos que agora chegou o progreso, pero queremos ter o progreso de vivir en consonancia coa natureza e axudándonos mutuamente. Nos tamén pensamos que isto se pode cambiar e que sería crear riqueza e saúde no noso territorio, sería un gran avance.
Despedímonos do amigo de Dorrón non sen darlle as grazas polas indicacións, e polo seu relato que aconteceu fai moito tempo nos nosos montes, que é a chegada dos eucaliptos a súa parroquia.

A Illa da Toxa



Relato enviado o Concurso de Adega 2012
(Adicado o meu  tío-avo por ensinarme a historia da Illa da Toxa)
II Concurso de relatos curtos 2012.
“O lugar onde vivo”.
“A Illa da Toxa”
Hoxe cheguei a axudar a casa da miña avoa, ela ten que quedar no hospital e eu mirarei pola casa na súa ausencia. Eu quedarei coidando do meu tío-avó e do meu primo, ademais de coidar dos animais.

A verdade, non coñezo o meu tío-avó, soamente sei que detrás desa porta da entrada da casa, agochase o seu cuarto.
Cando o coñezo; paréceme un velliño encantador, sei que non pode andar e está postrado nunha cama, porque fai uns anos, moitos anos, el caeu do piorno abaixo e dende esa, el non volveu a camiñar, poñémonos a falar e el cóntame unha historia ben fermosa que enseguida lles relato:

Cando meu tío-avó era xoven el acordábase que non había veterinarios  para curar os seus animais enfermos, e eles os collían nunha gamela e transportábanos a Illa da Toxa( por aquel entonces non existía a ponte que une a Illa co Grove) e alí esperaban que cando volvesen a illa os pobres animais morreran de vellos ou das súas enfermidades. Cando chegaban a Illa da Toxa e volvían ver os seus animais ( no meu caso un vello burro cheo de tiña e cansado de tanto traballar) e o burro tiña un aspecto saudable incrible parecía que estaba totalmente curado; sempre se preguntaban: ¿Qué tiña a Illa para facer rexuvenecer así os burros, faríao tamén coas persoas?.
E foi como descubriron os poderes das súas augas e fixeron tratamentos para recuperarse as persoas.
Contándome meu tío-avó isto parecía como se volvese os tempos nos que el se encontraba ben de saúde e tamén sentíase admirado al ver como eu mirábao encantada cunha historia tan fermosa que el me contará.

Que pensaría el agora (despois de que el morrera) da Illa da Toxa, como cambiou, despois de descubrirse as súas propiedades curativas para o home, e agora non estaban os animais enfermos nelas senón as persoas máis adineradas para ter un lugar de segunda residencia ou para ter un pequeno tratamento.

Se el vise as grandes construción, as casas, os hoteis, balnearios, a propia ponte, non conocería xa a illa, unha illa na que antigamente soamente se deixaban os animais entre eles o burro enfermo, que dou en declarar a zona de interés para ter alí  os tratamentos rexuvenecedores.
Eu penso que el tamén sentiría que non fose como antigamente, as construcións máis coidadas, e as zonas verdes máis en toda a illa, diríalle eu:
-              Querido tío- avó chegou o progreso e así e como eles creen, que sae máis rendible, pero claro están soamente os homes máis ricos, que poden permitirse ter unha casa ou uns chales alí. Como me gustaría coñecela como ti a coñéceste, así salvaxe e facer nelas as construcións de forma sostible.  
Neste relato  e dende aquí, e a día de hoxe, douche as grazas, por contarme unha historia tan fermosa e por coñecerte.
MAOTVA