domingo, 26 de enero de 2025

BONET CORREA, Asunción (“Choncha Bonet”)

Diccionario de Mulleres Galegas.

BONET CORREA, Asunción (“Choncha Bonet”) ( A Coruña, 1922- 2011).

 

Pintora. Filla do Capitán de Intendencia José Bonet Peñalver, pintor, e da escritora Asunción Correa Calderón, pasou parte da infancia e adolescencia en Lugo. Aprendeu a pintar co seu pai dende nena. Viaxou por Francia, Italia e Alemaña e recolleu nos seus cadros diferentes aspectos destes paises. Expuxo por primeira vez en 1954, na II Exposición Anual de Arte, organizada pola Deputación de Lugo e obtivo a Mención de Honra. A súa primeira exposición individual tivo lugar no “Círculo de Bellas Artes” en Madrid en 1960 á que seguiron outras en Pontevedra(1961), A Coruña (1961), Hostal dos Reis Católicos en Santiago(1971), Gran Hotel da Toxa (1973 e 1974). Participou en diversas mostras colectivas: en 1960 na Exposición conmemorativa do vinte e cinco aniversario da creación da Asociación de Artistas da Coruña, certame similar ao que abriu a sala en 1934, embora o número de expositoras aumentase de seis a trinta en oito. Outras exposicións: “Pintores Lucenses”, Lugo (1961 e 1965);”I Bienal de Arte”, Pontevedra (1965); “I Trienal” de Santiago (1971); “II Exposición Regional” de Pontevedra (1971). No número extraordinario de Ronsel, publicado en 1974 con motivo do cincuentenario da revista, figura un debuxo seu: Máscaras del carnaval de Verín. Pintora naif, autodidacta, orixinal, os seus cadros, de temática popular e costumista, caracterízanse polo dinamismo das formas e o cromatismo das multitudes:escenas nas feiras, en pequenos portos mariñeiros e no antroido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario