jueves, 27 de marzo de 2025

María Josefa Wonenburger Planells

 Diccionario de Mulleres Galegas


 María Josefa Wonenburger Planells, ( A Coruña, 1927- 2014)

Matemática. Estudou Ciencias Exactas na Universidade Complutense de Madrid  e en 1953 trasladouse a EEUU para se especializar en álxebra cunha bolsa Fullbriht. Na Universidade de Yale leu a tese de doutoramento, dirixida por Nathan Jacobson, un dos mellores alxebristas do momento, e iniciou unha brillante traxectoria nesta matería como profesora en diferentes universidades- Toronto, Búfalo, Bloomington ( Indiana)- e como directora de teses, entre elas a do matemático Robert V. Moody, con aplicacións en Física e noutros campos da Matemática. Voltou a Coruña.

domingo, 9 de marzo de 2025

CALVO VALDÉS, MARUJA

Calvo Valdés, Maruja. Nacida na Coruña, emigrou a Cuba coa súa familia na adolescencia, en 1949. Na Habana sobre todo, mais tamén en México, desenvolveu a súa carreira artística, primeiro como cantante, despois como actriz dramática. Na televisión, traballou en moitas telenovelas e foi durante trinta anos presentadora dun programa semanal de zarzuela na TV cubana. Como actriz de cinema participou nos anos sesenta en filmes cubanos: "la vida comienza ahora" " Para quien baila la Habana" e nunha cooproducción inglesa-alemá-cubana. En España estivo moitas veces: rodou con Sara Montiel "Esa mujer"  e fixo teatro con José Bódalo. Maruja Calvo non renunciou á súa nacionalidade e desenvolveu unha importante actividade na Casa de Galicia da Habana, recitando e cantando galego, lingua que fala perfectamente. Desde 1990 traballa esporádicamente no teatro e nalgunha serie de televisión.

"Diccionario de mulleres galegas"

 

 

sábado, 8 de marzo de 2025

DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER

 Si soy mujer y no me calló.

Sí soy mujer y mi voz es fuerte.

Si soy mujer y no descansaré hasta que todas seamos libres.