Calvo Valdés, Maruja. Nacida na Coruña, emigrou a Cuba coa súa familia na adolescencia, en 1949. Na Habana sobre todo, mais tamén en México, desenvolveu a súa carreira artística, primeiro como cantante, despois como actriz dramática. Na televisión, traballou en moitas telenovelas e foi durante trinta anos presentadora dun programa semanal de zarzuela na TV cubana. Como actriz de cinema participou nos anos sesenta en filmes cubanos: "la vida comienza ahora" " Para quien baila la Habana" e nunha cooproducción inglesa-alemá-cubana. En España estivo moitas veces: rodou con Sara Montiel "Esa mujer" e fixo teatro con José Bódalo. Maruja Calvo non renunciou á súa nacionalidade e desenvolveu unha importante actividade na Casa de Galicia da Habana, recitando e cantando galego, lingua que fala perfectamente. Desde 1990 traballa esporádicamente no teatro e nalgunha serie de televisión.
"Diccionario de mulleres galegas"
No hay comentarios:
Publicar un comentario