![]() |
Claustro do mosteiro de Sobrado |
Abadesa do mosteiro de Sobrado que se rebelou contra a agregación do seu mosteiro ao de San Paio de Antealtares en Santiago. O 28 de abril de 1499, con xente armada, opúxose a que frei Rodrigo de Valladolid lle fixese unha visita. Promoveu un preito en Roma sen resultados positivos, preiteou de novo con Isabel de Carrión, abadesa de San Paio, e tivo que renunciar a todos os dereitos sobre a administración de Sobrado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario