sábado, 5 de julio de 2025

PIÑÓN NÉLIDA ( Rio de Xaneiro, Brasil, 1937-2022).

 

Escritora. Oriúnda das terras de Cotobade ( Pontevedra) onde naceu seu pai e os avós maternos e onde ela pasou algún tempo na súa infancia, é unha das figuras máis importantes da literatura brasileira actual. Formouse na Facultade de Filosofía da Universidade Pontificia de Río de Xanero e ampliou estudos na Universidade de Columbia. En 1970 inaugurou a primeira cátedra de creación Literaria na Universidade Federal da sua cidade natal, foi titular da cátedra de Henry king Stanford de Humanidades da Universidade de Miami ( 1990-2003) e exerceu como profesora visitante en universidades como as de Harvard, Georgetown, John Hopkins e Columbia. Ten impartido docencia en Universidades de Francia, España e Perú. Comenzou a escribir sendo unha nena e a súa obra – traducida a varias linguas- comprende máis dunha ducia de obras narrativas iniciadas con Guía Mapa de Gabriel Arcanjo (1961). Da súa produción literaria salientan títulos como Tempo de frutas (1966), Fundador (1969), A Casa da Paixáo (1972), Sala de Armas (O1973), Te vas do meu corazón (1974), A forza do destino (1977), A República dos sonhos (1984), O presumible corazón da América (2002) e Vozes do Deserto (2004). A súa melhor obra é A República dos sonhos – traducida recentemente o galego-, unha novela sobre a emigración galega a Brasil ao longo de case setenta anos, que narra a traxectoria de dous mozos que embarcaron en Vigo en 1913 e que representan a tantos galegos e galegas que cruzan o Atlántico para faceren realidade os seus soños. Desde 1989 é membro da Academia Brasileira das Letras, institución que presidiu de 1996 a 1997, , converténdose na primeira muller que ocupou ese cargo en todo o mundo. Tamén e membra correspondente da Academia de Ciencias de Lisboa desde 1999. En 2004 fue elixida membra da Academia de Filosofía de Brasil. É doutora honoris causa polas universidades de Poitiers ( Francia) Montreal ( Cánada) e Santiago de Compostela (1995),. Recibiu numerosas distincións e premios literarios: Walmap de Brasil (1969), Mario Andrade 1973), o premio do Pen Clube (1985), Iberoamericano de Narrativa Jorge Isaacs (2003) e o da Asociación de Criticos de Arte de Brasil (1985), concedido por A República dos sonhos. En 2005 recibiu o Príncipe de Astutias das Letras “ pola súa incitante obra narrativa, artisticamente sustentada na realidade e a memoria, e tamén na fantasía e os soños”.

Del Diccionario de Mulleres Galegas edicions A NOSA TERRA 


No hay comentarios:

Publicar un comentario