lunes, 26 de noviembre de 2018

OS BALBOA DE CAMBADOS



MÚSICA

Hoxe comparto con vós esta partitura escrita en 1944.Todos e todas sabedes,ou imaxenádesvos o ano 1944,na Galiza e na España,e na Europa.
Todo o que sei deste Padin é o que vin por internet.Funcionario de Facenda,nado en Redondela.
Que este home se atrevese a publicar algo en galego naquelas datas ten o seu mérito.Así que,ainda que só sexa por iso,independentemente da calidade da obra musical,paga a pena que a coñezades e saibades da súa existencia.
Non respondo das consecuencias de presumir desta obra...porque hai algo especial nesta partitura.A data da súa publicación coincide co inicio da contraofensiva contra o nazismo en Europa...e porque a última palabra da canción é a palabra Alegría.E o himno de Europa é a oda á Alegría de Bethovem.E porque hoxe leio que o emérito estivo ceando o venres en Vigo nun "choco" da rúa da Ronda Don Bosco,invitado polo Pedro Campos.
E todos sabemos que o choco é un típico produto redondelán.E porque ese día estiven desconectado de internet...por unha suposta "avería" e cando chamo para queixarme,fun recibido...cun "que alegría" por parte da telefonista que me atendeu.
Así que vos decidide,se eliminala do voso acervo cultural por considerala perxudicial para a vosa vida e saúde,ou se incorporala ao voso acervo cultural,que é o menos que se pode facer por aquel valente Padin.Saúdos e apertas.Isidoro