Nun autobús de volta a casa uns veraneantes recordan a
súa estadía en Sanxenxo, as súas marabillosas praias, os seus baños nas súas augas, os paseos cos amigos e
coñecidos, o porto deportivo, os seus
barcos, os lugares de ocio nocturno, as terrazas onde tomar un pincho, as
tabernas e restaurantes onde comer unha boa mariscada, as postas de sol.
Nun coche polo outro lado da
estrada un veciño que pensa ; como remata o verán e o seu derradeiro recurso de
facer uns cartos. Recorda os días de 9 da mañá a 5 da tarde e cotizando por el a Seguridade Social por catro horas, os
días libres que os collerá cando remate a tempada aló por setembro, as horas
extra sen cobrar e un xefe que lle conta cada céntimo que gaña traballando.
A crise a maldita crise, que
se levou por diante centos de traballos e soños, as urbanizacións e entre elas
en Sanxenxo a do Mirador da Granxa en Dorrón, onde se levantarían un millar de
vivendas ou a de Monte Faro que nunca se construíra, aparte de innumerables urbanizacións
e chales sen vender onde moitos teñen presos os seus cartos.
Os bancos, os promotores, e
os construtores perderon moitos cartos pero os peor parados, son os veciños, que
nos bancos teñen os seus aforros e resulta que os chamaron e dixéronlles que os
metesen nas preferentes ¡ E agora qué!.
Os Concellos non teñen un
duro e apertan os pobres veciños , co lixo e o IBI este ano moito máis caro; a
luz tamén con suba e por riba e para non deixar títere con cabeza sube o IVA e
con el vanse os poucos aforros da xente.
Pero aquí aló polo verán do
2012 o Concello dixo que estaría operativo o Polígono Industrial de Nantes que
e privado pero aínda sen recepcionar polo concello, o concello incautou o aval
de 2,5 millóns de euros a finais de 2011 para asumir a execución dos traballos
pendentes, construír a subestación eléctrica, a conexión do parque coa rede de
sumidoiros ea reposición do mobiliario esnaquizado polos actos vandálicos.
Pero a día de hoxe 19 de
setembro de 2012 non se limparon as parcelas e todo aquelo parece unha xungla
onde saír a pasear os dinosauros.
Reflexión
Si nós non vivísemos por riba das nosas posibilidades , comprando bens e construíndo
sen cabeza e pensásemos máis na riqueza insostible que crearíamos; non faríamos
macrourbanizacións faríamos 1ª vivendas nas que vivir todo o ano, poriamos a
funcionar o Polígono para que a xente non marchase do concello, limparíamos e
acondicionaríamos este para poñelo a funcionar.
Buscaríamos enerxías alternativas, solar térmica, biomasa, crearíamos
biocombustibles, plantas de procesamento, etc.
Poriamos en valor o noso patrimonio, xa que aquí está todo arruinado pola
construción, crearíamos sendas por onde andar, poriamos lugares por onde ir en
bici ou pasear a pe para así coidar mellor da nosa saúde tanto física coma
psíquica.
Aprenderíamos dos nosos erros e lograríamos
ter un desenrolo máis sostible de acordo coa natureza, o noso habita,
procurando intervir o menos posible no cambio climático.
¡ De verdade, que pouco dura o bo!
¡Pero se non facemos algo, isto esgotase!
No hay comentarios:
Publicar un comentario