viernes, 1 de noviembre de 2013

Historia do Blog Camino por Sanxenxo

Eu son María Otero Valladares e o día 20 de novembro do 2011( estábase elixindo Presidente para España) creei un blog para poñer en coñecemento de todo o mundo as deficiencias que atopaba no meu pobo “ Sanxenxo”, no momento da crise actual ninguén facía nada para tentar arranxar as pequenas cousas que fan a vida dos veciños mellor; como eu sabía que a ninguén lle gusta queixarse ou facer unha petición; ha petición ou suxestión era feita o  Concello os Concellais e a alcaldía do Concello, e para non esquecelo eu poñía as miñas queixas no blog para que todo o mundo o vise e non quedase soamente sen a contestación do Concello que era a calada por resposta.


Nos primeiros tempos queixeime por a Actuación do Concello con un lugar de Sanxenxo, as escaleiras de Fuensanta Rodríguez, pero o fin e o cabo ninguén fixo nada, falei cos partidos políticos e coa oposición pero non, ninguén fixo nada. Pero no blog quedou escrito todo isto.


Despois quixen ensinar cousas que ver no meu Concello como un apoio para o turismo, sacando fotos e mostrando o noso  patrimonio. Tamén queixándose de cómo se tratan algúns lugares no Concello, falando do patrimonio e vendo sobre todo o que temos e o que fan que nos gusta ( Sendeiros litorais, etc) pero  temos cousas que non nos gustan e procuramos que as cambien, advertíndoo.


Tamén ofrecendo un” Proxecto de Ruta de Sendeirismo no Concello de Sanxenxo” ensinando o que temos de patrimonio que non son praias, para telo catalogado, lugares a descubrir,  Pazos case esquecidos co paso do tempo e que debemos coidar e mirar por eles, e que tamén ensinamos a querer o que temos, montes, fontes, ríos, pazos, tentado dar un valor de pobo a Sanxenxo con unha historia detrás.


Despois descubrindo as deficiencias que temos en Sanxenxo, Urbanizacións a pé de praia con licenza, escaleiras en moi malas condicións, e lugares sen acondicionar, estradas e beirarrúas que levan mais de 50 anos sen mirar por elas ( Calle Progreso en Sanxenxo).


Como podedes ver non consigo case nada pero o que fago, e coa intención de ter un lugar mais seguro onde vivir e traballar, nun momento, en que todas as portas están cerradas. O blog e o meu grito no deserto, para que quede constancia de que se traballa e se fai todo o mellor para a xente que vive e pasa o seu tempo aquí. Eu fágoo voluntariamente ninguén me paga ou me inspira o que debo facer; eu oio os rogos dos meus veciños e póñolle palabra e de paso imaxes para ver e recordar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario