ASUNTO: Rampa Playa Panadeira
Diríxome a Vd, para queixarme do acondicionamento da rampa da Praia da Panadeira, e o seu posterior formigonado con cemento.
Eu penso que o lado dunha Praia urbana como está deberían ter colocado algo máis respetuoso coa Praia e co lugar, ademais de non poñer todo o ancho da rampa con cemento.
Voulle mandar a Vd, unhas fotos do lugar co antes e o despois, para que nos demos conta de como non se debe actuar.
Antes |
Despois |
Un municipio como o de Sanxenxo que vive das súas praias e do turismo non debe mirar para outro lado cando se trate de facer unha reforma tan brutal do lugar, debemos ter o consenso cos veciños e cos comerciantes, para facer cousas que fagan que a xente se quede no pobo e non se vaia a outros lugares.
Por favor preservemos o lugar e a poder ser poñendo cousas respetuosas ademais de elementos que sexan autóctonos ( como poden ser pedra e madeira do lugar) e que se poidan integrar coa paisaxe. Busquemos o consenso cos veciños de Sanxenxo e veraneantes que pasean e disfrutan do lugar ademais de comerciantes, hoteleiros, hostaleiros, etc.
Innumerables criticas oín por Sanxenxo polo acondicionamento do lugar.
Fagamos un oco e axudemos a poñer a praia Urbana de A Panadeira no lugar que lle corresponde, se pode, faga o favor de arranxar o lugar.
Dende o 20 de maio non recibín contestacíón nin nada polo estilo, as cousas seguen igual. É unha pena que a xente teña que ver tremendas obras que fai neste caso Costas e que non pase nada, líbrenos de facer eso mesmo un de nos, que seguro teríamos unha boa multa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario