miércoles, 27 de marzo de 2024

Ruta de sendeirismo pola Comarca do Salnés

 Ruta de senderismo pola

Comarca do Salnés


 

RUTA DE SENDERISMO POLA COMARCA DO SALNÉS
1. COMEZO DUNHA IDEA OU PROXECTO. ................................. 3
1.1. DUBIDAS O COMEZAR O PROXECTO. .................................................................................................... 3
1.2. POR ONDE COMEZAR O PROXECTO. ..................................................................................................... 3
1.3. QUE TEMOS QUE FACER AQUÍ. ........................................................................................................... 4
1.4. QUE TEMOS QUE VER AQUÍ. .............................................................................................................. 4
1.5. POR QUE NA COMARCA DO SALNÉS? .................................................................................................. 5
1.6. QUEN NOS PODE AXUDAR A DESENROLALA ........................................................................................... 5
2. DESCRICIÓN DO PROXECTO ................................................. 6
2.2. COMO SE PORÍA EN MARCHA. ............................................................................................................ 7
2.3. A QUEN VAI DIRIXIDA. ...................................................................................................................... 8
2.4. A QUE COLECTIVOS VAI DIRIXIDA. ....................................................................................................... 9
2.5. QUE RIQUEZA SE CREARÍA. ................................................................................................................ 9
2.6. CAL É O SEU ÁMBITO DE ACTUACIÓN. ................................................................................................ 10
2.7. GRAO DE INNOVACIÓN. .................................................................................................................. 10
2.8. CONSOLIDACIÓN OU VIABILIDADE DA INICIATIVA. ................................................................................ 11
1.

1. COMEZO DUNHA IDEA OU PROXECTO.


1.1.DUBIDAS O COMEZAR O PROXECTO.

 

Esta e a segunda parte da idea de “Acondicionamento dos nosos montes e posta en
valor do noso patrimonio forestal”, e para darlle unha saída o que se mostra nesa idea
e con isto; xerar riqueza na Comarca do Salnés, non é máis que crear unhas Rutas de
Sendeirismo novas, con máis avantaxas que as convencionais.
Xa sabemos que os montes están todos cheos de refugallos e brozas, na anterior idea
viamos que facer para axudar a recuperar o noso medioambiente natural, agora e ir un
paso máis alá, e crear un novo produto co cal mostrar outra cara do noso patrimonio
cultural, natural, paisaxístico e histórico.
Temos moito que amosar xa que temos moito patrimonio sen catalogar nos distintos
municipios e parroquias, moitas veces esquecidos nos montes, nas encrucilladas, nos
camiños, como os temos, sen darnos conta, do que vale.
Tamén temos que ensinar os nosos veciños e visitantes a nosa cultura, o noso
patrimonio de todo tipo, para facer unha mellor conservación do que temos.


1.2.POR ONDE COMEZAR O PROXECTO.

Sabemos polo anterior proxecto que temos que limpar e acondicionar os nosos
montes, alí podemos encontrar dende Cons, túmulos funerarios, ata os propios
petróglifos que temos abandonados nos nosos montes, sen saber de eles por moito
tempo, fai un tempo comprobei coma no veciño Portugal, estaban recuperando o seu
patrimonio no seu monte, e nos, a que esperamos?, día a día perdemos moito do
noso patrimonio, cando imos o monte e facemos pistas, metemos canalizacións, etc e
non nos preocupamos por mirar polo noso patrimonio e o que pode haber alí.
Tamén temos que mirar polo noso patrimonio histórico polos nosos cruceiros,
lavadoiros, fontes, muíños, piornos, casas labregas, pazos, etc.
Ademais non esquecerse do noso patrimonio cultural, as nosas lendas, as nosas
tradicións, a nosa cultura, que moitas veces cambiamos de onda e non nos interesa o
antigo e as tradicións, que deberíamos saber mostrar o público nunha exposición, ou
mesmamente nunha mostra da nosa cultura.
A nosa paisaxe se conseguimos plantar pouco a pouco especies autóctonas que son
máis respectuosas co noso medio e coa nosa paisaxe, conseguiremos poder vender
mellor a ruta, non e o mesmo ter un arbore que sexa de porte pequeno, que un, de
gran porte como é o eucalipto, cando nos intentamos ver a paisaxe non podemos
apreciala na súa grandeza, como pode ser: ver as rías, ver as illas, os portos, os
pobos,etc.

4
1.3.QUE TEMOS QUE FACER AQUÍ.

Temos moito traballo por facer, temos que elixir ben as Rutas e acondicionalas,
tamén quero recordar que existen camiños antigos por onde pode discorrer a ruta
sen ter que facer novas pistas, gastando moitos cartos, temos que saber aproveitar as
pistas contraincendios, as pistas para os montes, etc non debemos interferir no vivir
dos animais e paxaros que alí viven, sen cambiar o seu hábitat, deixando todo como
estaba antigamente, sen ter case impacto con eles, lembrar que temos moitas zoas
protexidas, e o que fagamos ten que ser respectuoso con todo iso, ver as leis dos
espazos protexidos e facer actuacións o máis respectuosas posibles co hábitat do
lugar protexendo fauna, flora en todos os lugares onde cheguemos coa ruta.
Avisar a xente onde vai estar, educándoa para que saiba como facer nun lugar que
debe estar o máis protexido posible sen alteralo, e imprescindible que ensinemos os
nosos pequenos, que significa ter protección e como facer para coidalo xa que
vivimos nunhas zoas privilexiadas, pouca xente pode ter coma nos un Complexo
Intermareal como o da nosa zoa.


1.4.QUE TEMOS QUE VER AQUÍ.

Vou mandar con este escrito outro dunha ruta de sendeirismo polo concello de
Sanxenxo, xa que mostra o noso patrimonio,( eu son de Sanxenxo), as nosas lendas,
os nosos cons, os nosos veciños mais coñecidos polo mundo, os nosos pazos, penso
que pode ser de interese xa que non sabemos moitos nin as nosas lendas, nin temos
recoñecido o noso patrimonio, que saibades que está en castelán pero é porque
quero chegar a todo o mundo, dende aquí fago unha suxestión, porque no concello
non empeza a falar das lendas dun pobo, dos seus veciños ilustres e da historia dos
seus pazos?, e unha forma de coñecernos entre todos nós; sabendo do noso
patrimonio e dos nosos personaxes, non solo ensinar o sol e a praia xa que cando hai
mal tempo, non temos onde ir, nin podemos facer nada. Outra suxestión porque non
podemos ter un aula da natureza no concello e ensinar os pequenos a fauna e a flora
que temos, tamén e importante; non poderíamos crear un pequeno museo?, dou
unha idea por exemplo rehabilítalo pazo de Quintáns e facelo alí. Quero chegar o
seguinte, fai pouco encontraron uns osos nas escavacións arqueolóxicas da Lanzada,
señores non poden por en Sanxenxo, unha mostra de iso, da nosa historia, no propio
municipio que non teñamos que ir a Pontevedra o Museo, sería un atractivo máis
para Sanxenxo e poderíase ir aínda que fose con mal tempo.
Poderíamos crear un espazo protexido xeolóxico litoral en Sanxenxo de interese local
dende Punta Faxilda ata Punta Vicaño, debido ás peculiaridades e riqueza en rochas
metamórficas e formas asociadas. Débese utilizar esta riqueza estratexicamente para,
a través da súa posta en valor ofrecer un turismo xeolóxico como fonte de
desestacionalización.

1.5.POR QUE NA COMARCA DO SALNÉS?

Despois de, anos e anos de emigración, en toda a Comarca, tentaríamos conseguir un
pouco máis de emprego, poderíamos ter uns cantos meses máis de traballo non
soamente os meses de xullo e agosto que son onde máis xente nos visita.
Teríamos que facer unha aposta arriscada polo territorio, se non xogamos as nosas
cartas quedaremos lonxe de atraer a xente a Comarca, xa que coa crise estamos
nunhas cotas moi baixas de turismo.
Temos lugares tan fermosos que non temos que escondelos, temos que amosalos
pero non de calquera manera preservalos xa que temos que vivir del, e coidalo coma
se fose a nosa propia casa, onde vivimos.
Vender algo máis ca sol e praia, e que poidamos ir a facer unha ruta aínda que
teñamos mal tempo, que nos axudemos de ter outros lugares cubertos onde ir,
museos, salas de congresos, piscinas climatizadas, jacuzzis,etc.
Tamén poderíamos facer un Parque Acuático na Comarca, sempre se pide pero
ninguén ten tanto para investir nel, as rutas axudarían a mantelo todo o ano con
traballo, animaría a xente a ver as rutas o estar cerca do Parque Acuático.
Mais adiante, falarei como quero facer para ter unhas rutas postas o día, non as rutas
de sempre, cambiando a forma de velas e de xuntar esforzos entre todos.


1.6.QUEN NOS PODE AXUDAR A DESENROLALA

Para empezar temos que tentar, captar a atención das Organizacións, Xunta,
Deputación de Pontevedra e poñerlle o plan diante para tentar que invistan nel, pero
neste tempo de crise temos que tentar axudarnos entre todos, a Unión Europea, os
distintos concellos, pero pedir axuda tamén os nosos veciños, como son as
Comunidades de Montes e os Hostaleiros dos Concellos entre outros.
Tamén hai Organizacións Europeas privadas que axudan a preservar o patrimonio a
nivel mundial que poden axudar a investir en recuperar o noso patrimonio, neste
tempo fai falla ter toda a axuda posible.
As Comunidades de montes en onde podemos tentar investir en cambiar as especies
que temos que non sexan autóctonas por unhas que si o sexan, polo menos por onde
pase a ruta, polo paisaxe que podemos mostrar moito mais bonito.
Falo dos hostaleiros, que mellor forma que invistan eles algo aquí, xa que logo
sacarán cartos, se ven máis xente os Concellos por ter unhas rutas atractivas para os
visitantes noutro tempo, que non sexa o verán.
Moitas veces falamos de hermanarnos con distintos lugares, poderíamos facer isto
con lugares que teñan as mesmas costumes ca nos, co fin de crear unha cultura
común, e un fluxo continuo de xente para ver o lugar e saber da súa cultura e do seu
patrimonio. Iso nos axudaría a ter máis turismo, xa que teríamos un lugar no mundo
onde poder mostrar o que temos, non soamente nas Feiras e Congresos en España e
tamén noutros sitios onde non se chegaría así.

2. DESCRICIÓN DO PROXECTO


2.1. EN QUE CONSISTE O PROXECTO OU IDEA.

En acondicionar e limpar o monte e despois empezar a buscar e catalogar o noso
patrimonio, para saber que temos en cada Concello, e que sexa moito mellor
conseguir facer unhas rutas acordes con todo o que temos.
En moitos montes temos cons, túmulos funerarios, petróglifos, etc sen catalogar
tamén xa nos lugares; temos cruceiros, piornos, pazos, lavadoiros, muíños, fervenzas,
ríos, etc que tampouco miramos por eles, temos moito por rehabilitar e coidar.
Tamén debemos coidar as nosas tradicións ( os Maios, o día de Ramos, o San Xoán e
os seus ritos, procesións esquecidas, etc.)
Como estamos en crise temos que xuntarnos os Concellos do Salnés, e facer uns
paquetes turísticos para distribuír o que temos que ver, e os cartos de conservación e
mantemento das Rutas.
As Rutas terían nomes que serían propostas polos distintos concellos e técnicos,
poderíanse poñer como nomes, a Ruta da Lenda, a Ruta do viño, a Ruta dos candís,
Ruta polas illas, Rutas gastronómicas, Rutas xeolóxicas, etc.
Pero iso non e primordial, nos como persoas cando saibamos que imos facer e como
vai a ser poderemos darlle outra volta a isto, ofrecer os paquetes que nos temos ou
coller e que ti mesmo decidir que facer e onde ir, e ademais como ir, que isto sería o
vendible un paquete turístico novidoso, ir onde ti decidas.
Imos ofertar facer as rutas por distintos medios, como pode ser a pé, en bicicleta ou a
cabalo, en algúns lugares dependendo da mobilidade da xente que vaia, poderase
facer sobre rodas con un pequeno ómnibus.
Poderíamos ofertar ter un lugar onde ir a montar en cabalo e que forneza a ruta de
cabalos, para que a xente vaia pola ruta.
Tamén outro sitio onde ti poidas alugar unha bicicleta para facer a ruta, os distintos
lugares teñen comercios que poden fornecer a ruta de bicicletas, facendo así un
pouco de negocio nos concellos.
Se decides facer a Ruta por ti mesmo, sen ir polos sitios marcados, por que non tes
tempo, ou queres facelo máis personalizado, ti poderás descargar a información que
che falla falta ( dispositivo QR) desde o teu dispositivo móbil, tablet, etc e así ver por
onde ir, cada cousa que vexas terá a información colocada para descargar
directamente o teu móbil ti sempre saberás a historia do lugar, as súas lendas, ou os
seus veciños máis ilustres, dependendo do que ti elixas, as Rutas non acaban onde
poñen, senón que ti podes continuala, son rutas con continuidade no tempo, podes
facelas todas cando ti gustes, ou ir un día enteiro cando a ti te pete, empezando e
acabando onde ti queiras.
A intención de facer rutas así e tentar unir parroquias, ninguén e mais que ninguén, e
pasarían non soamente por un lugar senón que recorrerían toda a Comarca.
Temos Rutas pero se queres ver muíños soamente ves muíños, e non, ti podes ver
cons, túmulos, piornos,saber da historia dun lugar, dun personaxe famoso, etc.

Temos que facer unhas xornadas cada ano, amosando o noso patrimonio entre os
nosos veciños, ofertalo e tentar que a xente do pobo as coñeza e que poidan explicar
moito mellor o que a xente pregunte ou busque, saber dos nosos devanceiros e os
nosos monumentos e costumes.
Os nosos veciños teñen que ser os nosos mellores embaixadores no lugar,
coñecéndoo e amosando os nosos visitantes.
Poder facer tamén Rutas marítimas, das lagoas, ir a visitar o Complexo Intermareal
Umia - O Grove, observatorio de aves, etc. e non esquecerse das praias, que non falo
de elas pero e que conto xa con elas.
Tamén poderiamos facer rutas pola noite, poderíamos facer unhas rutas de noite, por
exemplo ver unha muiñada, en directo, e que todo o mundo saiba como e un muíño
en acción. Ou se temos bo tempo ir a ver as estrelas dende un lugar da Comarca. Ou
unha noite facer unha fogueira e contar contos e lendas nelas.
Explico un montón de cousas máis que teñen que ver con Sanxenxo no adxunto que
leva este proxecto co título de “Preparación Ruta de senderismo por el Concello de
Sanxenxo”.


2.2. COMO SE PORÍA EN MARCHA.

Como sabemos temos que acondicionar os lugares, monte, pistas, etc e o patrimonio
material.
Acondicionar os montes e falar cos propietarios de eles que teñen patrimonio no seu
monte, e tentar ter un justiprecio ou polo menos que sexan alugados por uns anos
mentres se fan as rutas. Tamén poderíamos tentar saber cal e o nivel de protección
cando fagamos unha catalogación do patrimonio, saber canto pertence a Patrimonio
e canto está sen catalogar. E moi importante catalógalo todo o patrimonio, aínda que
non pasen as rutas por alí, xa que cada certo tempo podemos cambiar os lugares por
onde pasar a ruta, para que non se faga tan pesada, poder ter sempre distintos
lugares que ver.
Como falei antes é mellor non facer camiños en moitos lugares, e mellor recuperar o
que xa temos para ter un lugar sen tanto impacto, ademais sairanos moito máis
barato todo, aproveitando o que xa temos construído.
Para facer isto temos que tentar, aproveitarnos das axudas da Xunta de Galicia,
Deputación de Pontevedra, os distintos Concellos, empresas privadas, e algunha
Axuda que veña de Europa polo menos, coa crise non sei como será, os bancos tamén
nos poderían axudar a ter unhas Rutas mais vivas na Comarca e mais cohesionadas
entre si.
Teremos que facer un acondicionamento de camiños, de montes, pistas forestais e ter
unha brigada de mantemento para telo todo en perfecto estado, poderíamos tentar
facelo con xente dos municipios no paro, ou cobrando as axudas ( 426 €) que poidan
ir a traballar e que gañen uns cartos para non estar tan afogada toda a Comarca
mentres non se poñen a funcionar as rutas. Mover a xente que está no paro que
traballen unhas horas e vaian rotando a xente para tentar que todos traballen e
saquen uns cartiños a fin de mes.

Tamén teriamos que contratar expertos en rehabilitación para arranxar o patrimonio
que temos, co que crearíamos uns cantos postos de traballo mentres se desenrola o
proxecto, e despois por si se produce algún desperfecto ou hai que limpalo
patrimonio, uns cantos seguirían traballando.
Contratar uns expertos en informática para tentar ter uns dispositivos acordes os
tempos cos avances de internet e de posicionamiento do patrimonio en internet para
facer publicidade da Ruta, usando facebook, en las webs de distintos concellos e
demais lugares de reservas en internet, blogueros, etc.
Ter uns técnicos de Turismo que ensinen as rutas os visitantes dende unhas centrais
nos distintos concellos por onde vai a ruta. Non nos esquezamos que os nosos veciños
serán capaces de amosar a ruta os visitantes xa que saberán por onde vai e as súas
lendas e informacións, aparte de poder descargalo o móbil e telo sempre que eles o
queiran vela ruta sen ocupar espazo fisico.
Nos falamos antes das rutas poden xa estar feitas e tentar unilas con outras en outros
concellos dándolle continuidade as Rutas. Sabemos que o que veña vai dirixirse e
facer o que el decida, mostraráselle a información e el terá a última palabra de
decisión.


2.3. A QUEN VAI DIRIXIDA.

Vai dirixida a toda persoa que queira pasearse pola nosa Comarca, nenos, rapaces
dun colexio que vaian de excursión, persoas maiores que queiran disfrutar dun día de
lecer nun enclave moi fermoso, xentes dunha multinacional ou empresa que queiran
desconectar e vela marabilloso paisaxe que temos, ademais tanta xente que pode ir
a ruta, xa que podemos facela de distintas formas, bici, pe, ou cabalo, nos casos máis
complicados e que non poidan andar moito (minusválidos físicos), ofreceremos ir en
ómnibus pola Comarca.
Non nos podemos esquecer da xente moza que dispón da cultura de internet e que
disfrutan coas novas tecnoloxías, como é internet e dispositivos móbiles e que se
aledan vendo o patrimonio e tradicións dun pobo usando as novas tecnoloxías.
Pero como tentamos hermanar os países que teñen as mesmas costumes queremos
facer especial mención os países celtas, que teñen costumes parecidas as nosas.
Como poden ser os Maios en outros lado de Gran Bretaña que teñen moitas lendas e
costumes moi parecidas as nosas.
Intentaremos coas nosas tradicións chamar a atención nos lugares onde temos as
mesmas tradicións e costumes.
Tentaríamos ter un lugar coidado para atraer o turismo de fora, xa sabemos que
cando hai bo tempo temos moita xente nas praias, pero si temos máis que ofrecerlle
será moito mellor para a Comarca.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario