Hoxe foi un longo día ( 25/02/2014),
onte xa falaba eu cun veciño e comentáballe que si o RC Náutico de Sanxenxo quería chamaba a
Seguridade Privada e poñía un cordón e si os de SOS Panadeira querían formar
follón, eles avisarían a Guardia Civil e listo, eles teñen todos os permisos e
a legalidade para facer a obra dos “Pantaláns en Sanxenxo”.
Hoxe o fixeron e aínda por riba con forza.
Eu pregunto como veciña de Sanxenxo que moitas veces disfrutei da praia ,
eu teño que contar o que me parece a min todo isto. Eu non estou de acordo, as
miñas razóns son estas:
Primeiro: son dúas praias urbanas non son “arenales portuarios”.
Segundo: Non contan con todos os permisos, os veciños non queren a construción,
eles teñen voz e voto, no seu pobo.
Terceiro: Grazas o Náutico, rematarán por eliminar dúas praias para o baño,
con marea baixa iso vai ser un montón de táboas o lado das praias.
Cuarto: Insalubridade das augas, xa que os barco farán verquidos a praia e
todo estará máis sucio.
Quinto: Inseguridade para as persoas, xa que os barcos o lado das praias
serán un perigo para os rapaces e xente que este alí.
Sexto: Efectos negativos para a economía local, xa que con tanta crise e
sen dúas praias, no centro de Sanxenxo, iso fará que a xente se mova do pobo e pode
terminar con moitos empregos, empresas e autónomos.
Sétimo: Afectará visualmente a praia e parecerá un “domino” o lado da praia,
forte Impacto Visual.
Non me explico como dan licenza para semellante propelía, isto non se pode
tolerar, van a rematar con todos os negocios que teñen que ver co turismo da praia
, ademáis de acabar coa fisonomía, seguridade e beleza dunhas praias.
Isto é poñer os intereses duns poucos por riba do ben da colectividade isto
non se pode consentir, ata cando teremos que tragar con semellantes cousas,
isto non pode pasar nunha provincia que vive, traballa e fala das praias, como
seu mellor ben, buscando o turismo; e cando teñen intereses ocultos venden o
pobo, porque isto e vender o futuro dun pobo, o futuro dos seus fillos, polo ben
de catro iluminados armados con permisos de construción dun pantalán e
esgrimindo que teñen toda a legalidade, non e así, e calquera que o veña ver, o
ve a simple vista.
Por favor, Cancelade as Licenzas, paralizade as obras,
antes de que pase unha desgraza, este pobo esixe unha rectificación. Isto e un
atraco o pobo de Sanxenxo.
María Otero Valladares
Fotos del Día 25/02/2014
En poucos anos as empresas iranse con todo
ResponderEliminarEn poucos anos as empresas se irán con todo
ResponderEliminarPois douche o meu pountos de vista sobre o por que dan licenza para esta obra-concesión:
ResponderEliminarDende Portos de Galicia, o ente xestor da lámina de auga, que non propietario (propietario é o Estado, somos todos) teñen unha máxima: RECAUDAR. Así de simple, e eles mismo o din por ahí con toda a boca chea de razón... Se traes cartos (eles falan de inversións...) xa tes gran parte do tema arranxado