Relato enviado a Adega no 2012
( Adicado a tódolos loitadores)
II Concurso de Relatos Curtos
“O lugar onde vivo”
Chegada dos eucaliptos a Dorrón.
Aló polo outono fun buscar co meu pai unha ruta de muíños que non
coñeciamos, trasladámonos a Dorrón en Sanxenxo, para ver onde quedaban os muíños,
pero non os vimos e pasando co coche vimos, un home, que estaba na súa leira
cavando un pouco e volvía para a súa casa. Era un home moi afable e deseguida
nos puxemos a falar, había dúas rutas con muíños, uns estaban en Bordóns e os
outros estaban en Dorrón e percorrían de un lado a outro as parroquias. Puxémonos
a falar, e el comentounos o que pasou hai
moitos anos nesa parroquia, cando el era moi neno, agora el xa era un xubilado
de Alemaña que retornou a Galicia.
Contounos que fai moitos anos cando decidiron construír a celulosa e con el
ían a ter que plantar eucaliptos en todos os seus montes, e sería unha forma de
alimentar a celulosa que se ia montar en Pontevedra, e que daría un pouco de
beneficio a xente que tiña o monte sen dar cartos.
A idea era poñer no monte eucaliptos para alimentar a industria, dedicábanse
a plantalos unha brigada contratada pola
celulosa, que logo de crecer sería para levala a celulosa e producir pasta de
papel.
Pero non todos acolleron ben a idea, algún que lle plantaban os seus montes
cos eucaliptos dedicábanse cando non os vían ou pola noitiña a coller e
arrancalos eucaliptos e tiralos. E os que os plantaban estaban desolados xa que
nunca vían crecer os árbores e sempre eran arrancados e tirados.
Os veciños de Dorrón non querían os eucaliptos xa que estaban afeitos a ter
castiñeiros que no outono daban castañas
e a ter carballos coas súas landras e a súa madeira. Deses arbores aproveitaban
todo pero co eucalipto eles sabían que pasarían moita fame, era unha arbore que
non coñecían e os outros arbores xa
estaban aquí dende fai moito tempo, xa os seus país e avós comerán as castañas
aproveitaran as ramas e a leña e déranlle as landras os animais para
alimentalos. En definitiva vivían en comunidade coas árbores autóctonas.
Como os da celulosa non podían facer máis que volver a replantar un día decidiron o seguinte, chegaron a un acordo
coa xente que tiña montes para coller e pagarlle por plantar arbores a eles e
así poder ter o monte plantado de eucaliptos.
A verdade a historia e ben bonita que magoa que agora non estivesen uns
cantos dos que pola noite ían arrancar eucaliptos, xa que agora o chan esta
acabado o lado dos eucaliptos non crece nada mais que eucaliptos e como eles
absorben tanta auga do chan, moitas charcas e fontes secaron. E que dicir dos
lumes dos montes, cos eucaliptos prende e non somos capaces de sufócalos, a
broza e refugallos crece por todo los lados.
Despois de contalo relato, o noso amigo de Dorrón preguntounos,¿ que nos
parecía? e eu díxenlle que me gustaría que máis xente desa estivera agora, para
acabar un pouco con esa praga que son os eucaliptos que crecen en calquera
sitio e cando eles están non hai outra arbore que medre.
Pensamos que agora deberíamos ter un monte máis coidado e con especies de
aquí, con carballos, castiñeiros, etc.
Que nos axudaran a ter máis auga
e ter todo máis limpo e unha paisaxe moito mais agradable a vista, e con
menos incendios forestais.
Nos sabemos que agora chegou o progreso, pero queremos ter o progreso de
vivir en consonancia coa natureza e axudándonos mutuamente. Nos tamén pensamos
que isto se pode cambiar e que sería crear riqueza e saúde no noso territorio,
sería un gran avance.
Despedímonos do amigo de Dorrón non sen darlle as grazas polas indicacións,
e polo seu relato que aconteceu fai moito tempo nos nosos montes, que é a
chegada dos eucaliptos a súa parroquia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario