viernes, 3 de enero de 2025

ALFAYA LÓPEZ, María de la Concepción.

 

"DICCIONARIO DE MULLERES GALEGAS" de Aurora Marco (Edicións A Nosa Terra).

 ALFAYA LÓPEZ, María de la Concepción.

 


Pontevedresa. Estudou Maxisterio na Escola de Estudos Superiores do Maxisterio de Madrid, a onde se transladaron moitas galegas e galegos nas primeiras décadas do século XX. Perteneceu á primeira promoción (1909-1912), sección Letras, e a memoria fin de carreira que presentou ( un proxecto de investigación que pouco se diferenciaba das teses de doutoramento defendidas nas facultades) institulouse:”Influencia del medio social en la evolución mental de los escolares”, dirixida por Anastasio Anselmo González y Fernandez. Pertenceu ao Centro de Estudios Históricos, primeiro ensaio da “Junta para Ampliación de Estudios” en traballos de investigación. O labor investigador do CEH estivo protagonizado polas distintas seccións en que se dividiu. Concepción Alfaya traballou na de Metodoloxía da Historia, dirixida por Rafael Altamira, que permaneceu aberta de 1922, cando exercía a docencia na Escola Normal de Segovia, obtivo unha bolsa da “Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas” para viaxar a Francia e Bélxica con obxecto de investigar sobre “ La historia y su enseñanza”. Alumna, xunto coa súa irmá Paz, da compostelá Concepción Saíz Otero, a ella dedicaron as dúas irmás unha semblanza, “Recordando sus clases”, publicada na Revista de Escuelas Normales, nº54 (1928). Tamén coa súa irmá publicou Los Bordados populares en Segovia (Datos para el estudio del arte popular español) en 1930. En Galicia hai constancia da súa participación en actividades públicas, como a conferencia pronunciada en Vigo en setembro de 1924 con motivo da Exposición de Arte Galega, na Escola de Artes e Oficios. Disertou sobre a arte e o seu desenvolvemento a través das civilizacions. Vencellada a actividades políticas, concorreu ás eleccións a Cortes constituíntes en 1931 pola circunscrición de Pontevedra en representación do partido Repúblicano Vigués, integrado na Alianza Republicana, con Basilio Álvarez, Isidoro Millán e Agustín Ríos, entre outros. Aínda que as mulleres non podían votar, defendía un programa feminista. Por motivo daquelas eleccións, participou como oradora en diversos actos públicos: en Vigo falou sobre “A cultura femenina e a organización do traballo da muller”. Tamén se dirixiu no Ideal Cinema ás costureiras. En Segovia, onde seguiu traballando na Escola Normal, mantívose vencellada á actividade política e foi unha destacada dirixente de Izquierda Republicana. Por esta militancia foi sancionada, despois do levantamento militar, co embargo de bens e coa retención do diñeiro en metálico que tiña coa súa irmá nunha conta corrente do Banco de España.